Presentación

A Confraría de Pescadores San Pedro de Riveira é unha entidade sen ánimo de lucro e de ámbito local. Actualmente está composta por 260 embarcacións (arrastre de litoral, pesca de baixura e marisqueo) e máis de 350 socios en activo entre tripulantes e armadores, ambos representados nos órganos de goberno da Confraría.

A función principal desta Confraría é a representación dos intereses económicos e sociais dos seus afiliados en particular e do sector pesqueiro e marisqueiro en xeral, ante a sociedade e a administración. Oferta aos seus afiliados servizos como a facturación de ventas na lonxa de Riveira, asesoramento económico e laboral, servizo de lavado de caixas, servizo de formación, etc.

A Confraría participa activamente nas diferentes Federacións de Confrarías a nivel provincial como nacional, defendendo os intereses do sector pesqueiro co obxectivo de garantir unha actividade sostible no tempo.

Explota unha das vendedurías máis importantes de Galicia na lonxa de Riveira, onde poxa especies como a pescada, lirio, ameixas, polbo, ourizo, etc. contribuíndo con iso á aportación de produtos pesqueiros e marisqueiros de recoñecida calidade.